19 de Maio de 2024

,

San Francisco Coll
19 de Maio de 2024

,

San Francisco Coll

Novena en honra ao Cristo da Vitoria

Novena en honra ao Cristo da Vitoria
Foto: Imagen del Cristo de la Victoria de Vigo | © Marta G. Brea

Como cada ano, a Confraría do Santísimo Cristo da Vitoria organiza a novena en honra ao Santísimo Cristo da Vitoria na concatedral-basílica de Santa María de Vigo, todos os días desde o 28 de xullo ao 5 de agosto: polas mañás, ás 12 horas; e, polas tardes, ás 19.30 horas, tras o rezo do rosario.

Nesta ocasión, será o xuíz auditor da Rota da Nunciatura Apostólica de Madrid, Mons. Jesús Rodríguez Torrente, o encargado de predicar a santa misa, durante os días da novena, ás 20 horas.

O domingo 6 de agosto, festa do Santísimo Cristo da Vitoria, haberá misas ao longo de todo o día: pola mañá, ás 7, 8, 9, 10 e 13 horas; e, pola tarde, ás 17.30 e 18.30 horas. O bispo de Tui-Vigo, Mons. Luís Quinteiro, presidirá a eucaristía solemne ás 11 horas. A procesión coa imaxe do Cristo dará comezo ás 19.30 horas.

Sobre o predicador: Mons. Jesús Rodríguez Torrente

É ordenado sacerdote en 1989. Tras os estudos en Teoloxía, obtén o título superior en Ciencias da Familia e o título de Orientador Familiar, na Universidade Pontificia de Comillas.  En 1998, obtén o título de doutor en Teoloxía Moral con máxima cualificación. Ese mesmo ano, é enviado a Roma, á Pontificia Universidade Gregoriana a estudar Dereito Canónico.  

Tras a súa ordenación sacerdotal, é nomeado delegado de Pastoral Familiar da diocese de Albacete.  Máis tarde, foi secretario técnico do Instituto Universitario Matrimonio e Familia durante un período de 10 anos. En 2002, comeza a súa etapa como vigairo xudicial da diocese de Albacete. Tres anos máis tarde, é nomeado cóengo da catedral de Albacete. En 2010, é nomeado Xuíz Auditor da Rota da Nunciatura Apostólica en Madrid.

Ten numerosas publicacións e participou  en congresos de estudos internacionais e nacionais. Deu  múltiples conferencias por todo o territorio nacional. Foi  profesor convidado en cursos de verán de universidades civís e eclesiásticas.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp