15 de Outubro de 2024

,

Santa Teresa de Ávila
15 de Outubro de 2024

,

Santa Teresa de Ávila

O bispo chama á esperanza e á alegría desde a Catedral

O bispo chama á esperanza e á alegría desde a Catedral

O bispo de Tui-Vigo, Luís Quinteiro, celebrou o tradicional día de Reis, solemnidade da Epifanía do Señor, presidindo a eucaristía desde a catedral tudense acompañado por Santiago Freire, cóengo da catedral e párroco do Sagrario da Catedral de Tui, e Sebastián Castro, secretario do bispo. Desde alí, chamou á esperanza e á alegría no medio dun tempo tan difícil marcado pola pandemia.

Durante a celebración, que comezou as 13:00, o bispo, Luís  Qiuinteiro, aproveitou a ocasión para felicitar a todos os nenos presentes neste día tan especial no que, conmemorando a adoración dos reis de oriente ao Neno Xesús, tamén os máis pequenos da casa prepáranse para recibir os seus agasallos.  Ese xesto dos reis entregando oro, incenso e mirra ao Salvador, lembrou  Mons. Quinteiro, expresa que Deus se manifestou ao mundo enteiro non só fai máis de dous mil anos e que, tamén hoxe, en pleno século XXI, Xesús continúa manifestándose.

Ao finalizar, rodeados por centos de beléns de todo o mundo repartidos ao longo da catedral, os nenos de Tui, quen tamén recibiron un pequeno agasallo para celebrar o día da Epifanía de mans do pastor da Diocese, entregáronlle   ao bispo un obsequio.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp