26 de Abril de 2024

,

San Isidoro
26 de Abril de 2024

,

San Isidoro

Reúnese en Vigo a Fundación da Santa Cruz e visita a Casa Nosa Señora da Saúde en Teis

Reúnese en Vigo a Fundación da Santa Cruz e visita a Casa Nosa Señora da Saúde en Teis

O luns 27 de xaneiro reuniuse en Vigo o patronato da Fundación da Santa Cruz, que está presidida polo cardeal de Barcelona e da que é vicepresidente o Bispo de Tui-Vigo. O Patronato xestiona en Barcelona unha casa de acollida a refuxiados e outra de atención a minusválidos, e en Teis, a Casa Nosa Señora da Saúde.

O centro de acollida ten capacidade para 120 persoas, e o albergue dispón de 38 prazas abertas cada día de 17:00h. a 9:00h., nunha estancia de 10 días prorrogables. Durante o 2019 a Casa atendeu a 94 persoas internas e 487 transeúntes. Laváronse 67 toneladas de roupa,  déronse 101 mil comidas e prestouselles servizo asistencial a 98 familias do barrio de Teis. Ademais os usuarios reciben cursos de alfabetización e formación.

En roda de prensa, D. Luis Quinteiro afirmou a importancia de que “a nosa sociedade coñeza o traballo absolutamente imprescindible” deste centro que axuda aos usuarios a “recuperar o seu ánimo, tamén a súa dignidade e dende logo, a que non se atopen sós na vida”.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp