A delegación de Pastoral Familiar de Tui-Vigo celebrou a Xornada da Sagrada Familia cunha vixilia presidida polo bispo, Luís Quinteiro, o sábado 26 de decembro na parroquia de Santiago de Vigo. Durante a celebración, os delegados quixeron facer presente aos anciáns, protagonistas desta Xornada, a través das ofrendas.
O bispo de Tui-Vigo, Luís Quinteiro, reivindicou o importante labor dos axentes pastorais que traballan vinculados coas familias, lembrándolles que de deben ser transmisores da fe cunha actitude de alegría tal e como manifesta o papa Francisco. Neste sentido, convidou aos alí congregados a saír ao encontro das persoas, intensificando a misión nas parroquias.
Os anciáns foron os protagonistas de en este encontro, quen se fixo presente durante o momento das ofrendas. Ante o altar, xunto á Sacra Familia de Nazaret, aos pés da imaxe de Xesús, a Pastoral Familiar ofreceu unhas lentes e un bastón como signo dos ancián.