26 de Abril de 2024

,

San Isidoro
26 de Abril de 2024

,

San Isidoro

«Dios sabe más y es capaz de solucionarlo todo»

«Dios sabe más y es capaz de solucionarlo todo»

O pasado mércores, 4 de novembro, a Xunta de Galicia, a través do DOG 179/2020, modificou o aforo aos lugares de culto, estipulando un máximo de 25 persoas. Esta medida xerou malestar na contorna eclesial, xa que limitaba a asistencia á Eucaristía dominical, especialmente na contorna urbana de Vigo. Ante esta circunstancia, unha moza diocesana de 23 anos decidiu poñerse en contacto co noso bispo, Luís Quinteiro Fiuza, para ofrecerlle unha solución que permitise achegar a Comuñón ao maior número de persoas posible.

María Monteagudo é viguesa, estudou Maxisterio na Universidade Complutense de Madrid e agora atópase opositando. Ademais, dá catequese de comuñón no colexio Maristas O Pilar, mentres se saca a DECA. Provén dunha familia cristiá que, desde moi pequena, inculcoulle a fe que se foi afianzando durante a súa adolescencia. 

«Primero, me entró un poco de miedo ante la idea de un nuevo confinamiento y el cierre de las iglesias», declara cando lembra o momento no que saíu unha normativa que califica de «sin sentido, sobre todo para parroquias de gran aforo». Ante esta circunstancia, pensou alternativas para que a maior parte da xente puidese asistir á misa dominical ou, polo menos, recibir a Comuñón.

Así, creou unha proposta que incluía un par de modelos de listas de inscrición para as diferentes celebracións que permitirían controlar a asistencia aos lugares de culto. A maiores, propoñía un segundo listado para que quen, non asistindo presencialmente á Eucaristía, participasen dela desde as súas casas a través da televisión ou da internet, puidesen recibir a Comuñón.

Esta é unha proposta que nace dun profundo amor pola Eucaristía e das ganas dunha moza que quere axudar á Igrexa Diocesana, consciente de que, aínda que «Dios sabe más y es capaz de solucionarlo todo, nosotros tenemos que intentar poner los medios a nuestro alcance». Por iso, cando lle preguntan por que se puxo en contacto co bispo, explica: «me pareció que el Obispo podría tener una visión más global, de las parroquias y su conjunto, de lo que se puede llevar a cabo o no».

A Xunta de Galicia rectificou a restrición do máximo de 25 persoas nos lugares de culto, permitindo un 1/3 do aforo en todas aquelas parroquias que se atopan en concellos en nivel 1 e 2 (Gondomar, Mos, Nigrán, Ponteareas, Pontecaldelas, Porriño, Redondela, Tui e Vigo). A pesar das circunstancias, a Diocese de Tui-Vigo conta con cristiáns dispostos a comprometerse, buscando solucións para vivir a súa fe nunha contorna de pandemia.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp