26 de abril de 2024

,

San Isidoro
26 de abril de 2024

,

San Isidoro

Festival de órgano na Concatedral Santa María de Vigo

Festival de órgano na Concatedral Santa María de Vigo
Foto: Cartel do festival de órgano 8PÉS

A igrexa Concatedral Santa María de Vigo acollerá do 23 ao 27 de novembro, a primeira edición do festival de órgano 8PÉS. O festival será dirixido pola Orquestra Clásica de Vigo. Un festival dedicado ao órgano, á súa música e ao seu mundo, tomando como centro o instrumento da Concatedral de Santa María de Vigo, construído por Lope Alberdi no ano 1909.

8PÉS é una aproximación ao órgano dende a curiosidade para coñecer unha música misteriosa e única. Nela conxúgase como poucas a historia, a tradición e a modernidade, concentrada nun instrumento abraiante que pasa desapercibido nas igrexas polo seu carácter secundario.

A música do órgano resoa nun dos instrumentos vivos máis antigos e caracterízase pola súa modernidade e diversidade; a densidade e a solemnidade; a versatilidade e a complexidade. Aspectos todos eles recollidos nun repertorio amplísimo en moitas ocasións agochado ou esquecido.

8PÉS é un proxecto da Clásica que nace na semana de Santa Icía para poñer este instrumento no centro do concerto. Un festival que xurde como unha oportunidade para abrir o órgano á cidade e compartir o noso pasado con solistas excepcionais que veñen, nesta ocasión, dende Covadonga, Valencia e San Sebastián para enfrontarse ao noso órgano centenario, nunha programación diversa pensada para descubrir, gozar coa súa música e poñer en valor o noso patrimonio restaurado.

Comeza 8PÉS. Volve a soar o órgano Alberdi.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp